Mapeo é un proxecto pensado para dar visibilidade á actividade vencellada ás artes na cidade de Compostela. Concibido como unha oportunidade para coñecer de primeira man o traballo artístico dos e das creadoras ou creadores que viven na cidade, Mapeo permite á veciñanza de Compostela entrar no universo creativo das persoas creadoras accedendo ao espazo do taller, un universo propio no que as e os artistas desenvolven a súa actividade.
O estudio aparece reflectido na literatura artística como lugar onde acontece a maxia da creación, un espazo de ensaio e proba, cheo de naturezas mortas e desorde nalgúns casos, e dominado pola sistematización e a pulcritude noutros. Tamén é o espazo para a introspección, para a recapitulación, para a volta á memoria e o desenvolvemento da mirada.
O estudio é un lugar habitado e de tránsitos, que reflicte a personalidade do artista, fóra da aséptica e politicamente correcta escena pública. O que alí acontece desvela mellor que ningunha mostra a natureza da creación e as preocupacións das e dos artistas, converténdoo nun espazo de alquimia Mapeo e posibilidades abertas, nun universo propio e extraordinario.
Mapeo está pensado como unha proposta de paseo no que as paradas obrigatorias son os estudios das persoas creadoras da cidade. Unha vez alí, o visitante poderá coñecer da man das e dos artistas a súa obra, ao tempo que a doutros artistas convidados. Durante unha fin de semana, cada estudio terá unhas horas de visita durante as cales os paseantes poderán ter acceso libre e gozar do que alí aconteza. O factor sorpresa é importante neste paseo no que deixarse abraiar, e no que a premisa de partida é a descuberta.
A idea de Mapeo é crear conexións máis íntimas coa creación artística, permitindo o trato directo coas persoas creadoras e fuxindo da idea do cubo branco, para poñer en valor dun xeito distinto á obra contemporánea. Como complemento propoñemos a acción performativa do artista Wences Lamas e o recital de poesía da man da poeta Nuria Vil.
Un proxecto realizador por Performa.gal
Venres 11 de outubro
11.00 › 13.00 h
Rúa da Porta da Pena 12, 1ºA
Marta Pazos + Hugo Torres
17.00 › 19.00 h
Rúa da Queimada 49, baixo
Chévere
20.00 h
Galería Patio de Luz
Rúa da Caldeirería, 38
Wences Lamas › Cíclope
Mery Pais + Mª José Domínguez
Sábado 12 de outubro
11.00 › 13.00 h
Rúa Casas da Hedra, 20
Manuel Eirís + Alejandra Pombo Su
13.00 › 14.30 h
Rúa Ponte do Sar 31, baixo
Pablo Barreiro
Rúa Ponte do Sar 8, baixo
Mauro Trastoy
17.00 › 18.30 h
Rúa de San Pedro 121, 1º
John Eastham
18.30 › 20.00 h
Praza do Toural 9, 3º
Santiago Talavera + Ruth Montiel + María Meijide
20.00 h
Galería Patio de Luz
Rúa da Caldeirería, 38
Nuria Vil › Poesía Velada